Infrutescencia

Figos.

En botánica denomínase infrutescencia ao resultado da fecundación dunha inflorescencia compacta,[1][2] así como tamén da fecundación do óvulo de certas flores apocárpicas (isto é, que teñen os carpelos separados, independentes, formando cada un ovario á parte, como ocorre, por exemplo, nos amorodos).[3]

  1. infrutescencia, no Gran dicionario Xerais da lingua. Tomo II, H-Z, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2009, ISBN 978-84-9914-072-8.
  2. infructescencia e infrutescencia, en: Font Quer, Pío (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-335-0078-3.
  3. apocárpico, ca, en: Font Quer, Pío, Op. cit..

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search